Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o Circuíto Sub-20 do Campionato de España de Baloncesto por segundo ano consecutivo


# Martes, 06/11/2007
Os encontros disputaranse os días 11, 12 e 13 de novembro e estarán abertos a todo o público de balde

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao representante da Fundación Balogán, Juan Méndez, e o directivo do Club Estudiantes de Lugo, Jesús Lázare, Circuíto SUB-20 do Campionato de España que acollerá Lugo os vindeiros días 11, 12 e 13 de novembro.

Os encontros que se disputarán corresponden á Primeira Fase do Circuíto SUB-20 do Campionato de España que está organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB e terán lugar no Pazo Universitario dos Deportes. A fase, correspondente ó Grupo B, ten como anfitrión ó Estudiantes Fundación Balogal que se enfrontará aos filiais de Unelco Tenerife, Baloncesto León e CB Cáceres Ciudad del Baloncesto .

O Concelleiro destacou que “xa o ano pasado foi unha experiencia deportiva moi importante para a cidade polos bós éxitos acadados e espero que este ano se repitan”. Díaz Grandío engadiu que “Lugo é unha cidade na que o baloncesto ten unha repercusión notable polo que é moi importante a para os novos xogadores darlles unha oportunidade na que amosra o seu telento e para que os máis pequenos atopen un referente competitivo.”

O equipo lucense, o único de representación galega no Circuíto, encádrase no Grupo B que disputará un total de catro fases, a que se celebra en Lugo e a primeira, Burgos, Tenerife e Bizkaia serán as restantes fases das que se compón o campionato de España.

Estas catro fases son clasificatorias para o ascenso á Serie A, dado que o equipo que máis victorias consiga ao final das catro concentracións obterá o ascenso.

Na pasada edición o equipo da Fundación BALOGAL quedou a un paso do ascenso ao vencer en todo os compromisos das catro fases excepto no último en Zaragoza ante o anfitrión.

Calendario de partidos:

- Domingo 11 de novembro

18:00 horas: CB Unelco – Cáceres Ciudad del Baloncesto

20:00 horas: Estudiantes Fundación BALOGAL – Baloncesto León

- Luns 12 de novembro:

18:15 horas: CB Unelco – Baloncesto León

20:15 horas: Estudiantes Fundación BALOGAL – Cáceres Ciudad del Baloncesto

- Martes 13 de novembro:

10:30 horas: Cáceres Ciudad del Baloncesto - Baloncesto León

12:30 horas: CB Unelco – Estudiantes Fundación BALOGAL

Os encontros estarán abertos a todo o público de balde.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova