Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Deportes suspende o rego dos campos de fútbol municipais


# Venres, 09/11/2007


A Concellería de Deportes súmase á Concellería de Medio Ambiente na aplicación das medidas que o Concello adoptou ante a escasez de chuvias rexistrada nos últimos meses en Galicia e suspende o rego nos campos de fútbol municipais.

A falta de precipitacións, inusual nestas datas, provocou que os caudais circulantes polos ríos sexan moi inferiores ós normais nesta época do ano. As medidas propostas non Plan de Seca presentado pola Confederación Hidrográfica do Norte, e que o Concello xa está a poñer en marcha a través do seu Plan de Emerxencias Municipal, redundarán nunha maior seguridade do sistema de abastacemento para a cidade e permitirán manter as condicións mínimas do ecosistema fluvial.

O conxunto de medidas que o Concello está a por en marcha, e para as que se solicita a colaboración dos veciños, son de fácil aplicación e consisten:

1) Na paralización do rego de xardíns, xa posto en marcha.

2) Limitación do baldeo nas rúas a 3 días á semana, antes era diario.

3) Dependendo da evolución do tempo, analizarase a medida de reducción da presión nocturna en redes urbanas.

4) E a partir deste venres, 9 de novembro, a Concellería de Deportes suspende o rego de campos de fútbol municipais.

Esta situación é de prealerta, polo tanto non é grave, pero que é importante que a cidadanía colabore para evitar problemas puntuais de abastecemento tomando unha serie de medidas de control do consumo de auga :

- Pechar a billa do baño ó lavar ós dentes ou as mans.
- Evitar que as billas goteen.
- Ducharse en vez de bañarse.
- Non empregar o inodoro como cubo para o lixo.
- Non lavar o coche se non é imprescindible.
- Non regar en exceso.

Tamén é imprescindible a colaboración das empresas para que incrementen os coidados no uso da auga e reparen as perdas na rede de abastecemento privada.

Estas medidas adoptadas dende o Concello permitirán un aforro do 10% do volume de auga que consumimos, que é o que marca a normativa para situacións de prealerta como esta.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova