Imprimir

CARMEN BASADRE RECIBE A UN GRUPO DE DIRECTIVOS DA TESORERÍA DA SEGURIDADE SOCIAL DE TODA ESPAÑA


8/3/2007

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, recibiu hoxe a un grupo de 60 funcionarios e directores provinciais da Tesorería Xeral da Seguridade Social, que están a participar en Lugo nunha xornada.

Todos os anos este colectivo celebra unha reunión nunha cidade para debater asuntos de interese relativos á súa profesión. A Concelleira agradeceu que escolleran Lugo para esta cita e animounos a promocionar a cidade entre os seus compañeiros á volta desta xuntanza.

Carmen Basadre mostrou a súa ledicia por poder recibir a este grupo de profesionais, cos que se sinte vinculada, xa que ela pertence ao corpo de funcionarios do INSS en excedencia dende que está no equipo de goberno do Concello.

Manifestou a súa morriña polo traballo neste sector “aínda que me sinto moi cómoda co meu posto actual e o seu significado de cara ao cidadán”, aclarou.

Carmen Basadre fixo referencia á celebración do Día Internacional da Muller e manifestou a súa satisfacción polo número de mulleres presentes nesta reunión, “o que indica que xa se está a notar que as mulleres empezan a ocupar postos directivos”.
Como recordo do seu paso pola cidade regaloulles un pin da muralla.