Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Rosa Peris defende en Lugo a Lei de Igualdade


# Martes, 13/03/2007
A Directora do Instituto da Muller informou hoxe sobre os eixos principais desta nova normativa, que se presenta para a súa aprobación no Congreso o día 15

A Directora do Instituto da Muller, Rosa Peris, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación e coas traballadoras e traballadores da Casa da Muller para presentar os eixos principais da Lei de Igualdad, que se presenta para a súa aprobación o día 15 ao Congreso dos Deputados.

Segundo explicou esta especialista, a función principal desta lei consiste en xerar un novo acordo de convivencia entre homes e mulleres que obrige a deixar atrás as discriminacións, os malos tratos e todas as afrentas que impiden a equiparación dos dous sexos en todos os ámbitos da vida.

Rosa Peris explicou que os datos de desigualdade que se atopan en Galicia son semellantes aos do resto do Estado. Así, a tasa de actividade está nas mulleres 16 puntos por debaixo da dos homes, a de ocupación 18 tamén por debaixo e a tasa de paro é o dobre que a masculina.

Así mesmo, só un 6% das embaixadas están ocupadas por mulleres e a representación nas cátedras universitarias é do 13%. Máis indicativa é a porcentaxe feminima en consellos de administración ou cámaras de comercio, que só chega ao 2%.

Xunto a estes datos figuran estimacións tamén representativas da diferencia de sexos, como que as mulleres empregan o dobre de tempo que os homes nas tarefas domésticas e tamén abandoan os seus empregos para exercer de coidadoras na mesma porcentaxe diferencial. Ademais, os traballos temporais teñen maior presencia feminina e nas mesmas categorías laborais cobran máis homes que mulleres.

Rosa Peris explicou os distintos cambios que traerá a Lei de Igualdade, como a regulación da presencia feminina nos centros de decisión, eliminando o coñecido como “teito de cristal”. A presencia na política e na economía queda garantizada, pero o que é máis importante, “evita a continua discriminación”.

Así, haberá regulación tamén no campo do mercado laboral aportando solucións para o problema principal, “a compatibilización do mundo laboral e familiar”, en materia de permisos de maternidad e paternidad, horas sindicais, a negociación de leis internas de igualdade en grandes empresas ou o acoso laboral.

Finalmente, reflexionou sobre un paso moi importante para as mulleres do eido rural, que é o recoñecemento da cotitularidade das explotacións agrarias e ganaderas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova