Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Directora do Instituto da Muller, Rosa Peris, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación e coas traballadoras e traballadores da Casa da Muller para presentar os eixos principais da Lei de Igualdad, que se presenta para a súa aprobación o


# Mércores, 14/03/2007
Esta iniciativa busca amosar o pasado dos barrios e percorrerá distintos centros sociais da cidade

A Concellería de Muller e Benestar Social está a organizar unha exposición de fotos antigas dentro da súa programación de animación sociocultural. Esta iniciativa pretende difundir o pasado dos barrios da cidade a través das fotografías antigas e Carmen Basadre convidou a todos os lucenses a presentar as súas instantáneas para expoñer nos distintos centros socioculturais.

O primeiro en acoller este proxecto é o Centro Social de Fingoi que inaugurará a mostra baixo o título de O noso barrio en fotos o vindeiro 26 de abril. Todos os veciños deste lexendario barrio que dexesen colaborar na exposición poden presentar as súas fotos en dito centro ata o vindeiro 30 de marzo. O concello devolverá todas as fotografías aos seus propietarios.

Esta iniciativa percorrerá os distintos centros sociais para recoller a memoria gráfica de todos os barrios da cidade e dar a oportunidade a todos os lucenses de coñecer o pasado de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova