Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello crea o concurso periodístico Muralla Aberta para fomentar a igualdade entre homes e mulleres


# Mércores, 14/03/2007


A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.

Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.

As bases establecen dúas categorías de participación unha para peza periodística (artigo, reportaxe, etc.) e outra para fotografía periodística. Outro requisito, aparte da temática, é que os traballos foran publicados nalgún medio de comunicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006.

O prazo de presentación estará aberto dende o 15 de marzo ata o 20 de abril de 2007 e todos os interesados en participar deben remitir os seus traballos á Casa da Muller. O certame destinará 3.000 euros en premios, que se reparten en un premio de 1.500 euros para cada categoría. A resolución do concurso realizarase o vindeiro 30 de abril.

Para máis información poden consultarse as bases na páxina web municipal www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova