Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Usuarios dos centros sociais farán unha excursión á aula da natureza do Veral


# Venres, 16/03/2007
O prazo de inscrición estará aberto do luns ao venres

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Animación Sociocultural.

Esta excursión, que se organiza todos os anos de xeito periódico, terá lugar o 28 de marzo con saída ás nove da mañá e a hora de reunión nos centros sociais, será ás nove.

Para evitar aglomeracións, limitouse o número de participantes a 30. Serán dez plazas por cada un dos tres centros sociais que participan nesta actividade: Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra.

O prazo de inscrición para esta viaxe estará aberto dende o luns até o venres e deberá facerse no propio centro social onde pertence o usuario.

Os organizadores realizarán dúas actividades diferentes dependendo de si o día da excursión chove. No caso de bo tempo, realizarase a “Ruta das Chousas” e o obradoiro “Ecoloxía dende a túa casa”. No caso contrario, serán dous obradoiros, o anterior e outro que leva por título “Usos do bosque”.

A ruta das Chousas discorre inicialmente polas marxes do río Mera e desvíase para chegar ao lugar de Abelairas. Nos dos obradoiros amósanse dúas vías para a protección do medio ambiente. No primeiro caso coas alternativas ao uso de produtos contaminantes e no segundo a utilización da biodiversidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova