Cargando....
Concello de Lugo
15/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Esgotadas as invitacións para o concerto de Aninovo


# Martes, 02/01/2007
Será no Círculo das Artes, ás oito e media coa actuación da Johann Strauss Orquestra

O programa de Nadal elaborado pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, acolle mañá, mércores, ás oito e media, o concerto de Aninovo, coa Johann Strauss Ensemble, no Círculo das Artes, dentro do convenio cultural entre Caixanova e o Concello de Lugo. Nesta ocasión, a orquestra contará coa presencia do solista ao violín Russell MacGregor, que tamén dirixirá ao conxunto. Na cítara estará Wilfried Scharf.

A Johann Strauss Ensemble foi fundada por músicos da Orquestra Bruckner de Linz no 1985. Coñecida mundialmente polos seus concertos de Aninovo ao estilo da Filarmónica de Viena, a orquesta destaca pola súa interpretación das obras da familia Strauss, que o concertino dirixe fel ao compositor. A Johann Strauss Ensemble tocou nos locais máis importantes de Europa, como Montecarlo, París, Roma, Londres, Madrid, Bruselas, Berlín, Zurich, Hamburgo, Salzburgo e Viena, ademais de actuar en Xapón e Rusia e participar en importantes festivais internacionais.

Despois dos primeiros concertos en Linz e no norte de Austria, chegáronselles invitacións de Alemania, Polonia e Bélxica e realizaron retransmisións televisivas dos seus concertos en Eslovenia e Xapón. O son típicamente austriaco, xunto á perfecta cohesión dos seus compoñentes, que no cambiaron dende a súa fundación, levoulles a cosechar grandes éxitos, tanto de público como de crítica. Tocaron xunto a importantes solistas como Joji Hattori, Aleksey Igudesman, Russel McGregor o Alfred Pfleger e directores como Martin Sieghart, Christoph Campestrini ou Werner Steinmetz.

O programa que interpretarán componse de valses e polcas da familia Strauss, entre as que se atopan, entre outras, as seguintes:

JOHANN STRAUSS, JR.-Vals "Voces de Primavera", op.410
JOHANN STRAUSS, JR.-Polca francesa "El Bosque de los Buñuelos", op. 336
JOSEF STRAUSS.-Polca "Sin preocupaciones", op.271
PHILIPP FAHRBACH.-Polca Francesa "En Kahlenbergerdörfl"
JOHANN STRAUSS, JR.-Vals "Cuentos del Bosque Vienés" op.325
JOSEF STRAUSS.-Polca Francesa "Corazón de mujer", op.166
JOHANN STRAUSS, JR.-Polca "Tritsch - Tratsch", op.214
JOHANN STRAUSS, JR.-Vals "El Danubio Azul", op.314

As invitacións para o concerto, que se repartiron gratuítamente en Caixanova e na Oficina de Turismo, están esgotadas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova