Imprimir

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA VIAXE A LISBOA QUE ORGANIZA A CASA DA MULLER


21/3/2007 Terá lugar a fin de semana do 13 ao 15 de abril

A Casa da Muller do Concello de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para a viaxe destinada a mulleres do termo municipal que organiza todos os anos. Esta actividade consistirá nesta ocasión nunha estancia en Lisboa, entre o 13 e o 15 de abril.

Como as veces anteriores, o número de prazas está limitado pola capacidade do autobús, polo que a inscrición pecharase cando o cupo esté cuberto.

O prezo da viaxe será entre 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús. O percorrido será por Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo.