Imprimir

O ALCALDE PRESENTA O NOVO LIBRO DE MARÍA ANTONIA IGLESIAS


3/1/2007 Maestros de la República será presentado o xoves ás oito no Centro Social Uxío Novoneyra

O Alcalde Lugo, José López Orozco, prologou esta mañá na Galería Sargadelos a presentación ante a prensa do libro Maestros de la República, da escritora María Antonio Iglesias.

Esta autora publicou recientemente este traballo co que se tenta dignificar a memoria dos moitos mestres que foron executados durante a guerra e a postguerra e que procedían da República.

Durante a presentación, o Alcalde apoiou o traballo de investigación e dignificación realizado por María Antonia neste libro. Así mesmo, lembrou a importancia que ten esta publicación para plasmar o esforzo que se fixo polo progreso por parte destas persoas.

Pola súa banda, María Antonia Iglesias destacou o papel desenvolvido pola Asociación para a dignificación da vítimas do fascismo, representado nesta presentación por Manuel Sarille, para a procura da historia que se relata de todos estes personaxes que forman parte da historia de España.

María Antonio Iglesias destacou a importancia que tiveron os mestres na República pola súa labor na procura do progreso e da xeneralización da educación e pola loita polo cambio e pola revolución educativa.

A autora presentará o seu libro de xeito oficial o xoves, ás oito da tarde, no Centro Social Uxío Novoneyra. Firmará libros estes días na galería Sargadelos e tamén na libería Aguirre.