Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha cun balance positivo Arte Nadal


# Xoves, 04/01/2007
Vinte artesáns venderon os seus produtos na praza da Soidade por quinto ano consecutivo

A feira de artesanía Arte Nadal pecha mañá, venres, víspera do día de Reis, as súas portas. Esta convocatoria está organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, e a asociación Artimaña.

Segundo as estimacións da organización, esta quinta edición remata cun balance positivo, con incremento de vendas e de público respecto ao ano pasado.

A feira abriuse ao público o pasado 16 de decembro nunha carpa situada na praza da Soidade con cabida para 20 artesáns. Estivo aberta todos os días, en horario de mañá e de tarde, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Esta cita coa artesanía celébrase para ofrecer aos lucenses a posibilidade de comprar outro tipo de agasallos para as festas de Nadal. Así, ofertouse durante estes días todo tipo de artesanía, de coiro, prata, pizarra, roupa, figuras de serrín prensado, figuras de vidro, xogos de inxeño, traballos con tubos, cerámica e figuras doutros materiais, entre outras cousas.

Os responsables da organización explicaron que o volume de vendas é difícil de contabilizar xa que hai artículos que son máis demandados que outros. De todos os xeitos, o balance volve ser positivo. Este punto está valorado de xeito moi positivo xa que “actualmente a feiras de artesanía están a notar un descenso de público e de vendas en case todas as cidades”, explico Fernando Arias, responsable de Artimaña.

Engadiu tamén que o maior número de vendas realízase os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, “o que significa aunha volta atrás no costume de deixar os agasallos para o día de Reis”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova