Imprimir

UN DRAGÓN XIGANTE E UN ESPECTÁCULO DE GLOBOS E PAPEIS DE COR, NOVIDADES DA CABALGATA DESTE ANO


5/1/2007 Máis de cen persoas acompañaron ás catro carrozas no percorrido, que fixo a ruta tradicional

Preto das cen persoas e catro carrozas compoñen a comitiva da Cabalgata de Reis que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Lugo como prato forte das festas de Nadal.

Este acto, que deu comezo pasadas as cinco e media da tarde con saída do Autorio Gustavo Freire, prolongouse até última hora da tarde.

A comitiva mantivo o seu horario habitual pola avenida da Coruña, praza de Ferrol, San Marcos, Santo Domingo e rúa Raíña, para chegar á praza Maior, fronte ao Concello.

Foi neste lugar onde se produxo a novidade deste ano, consistente nun enorme dragón feito de globos e un espectáculo de luz e papel de cor.

A cabalgata estivo encabezada pola Policía Local seguida de 5 cabalos e 1 poni. A continuación foi un grupo de beduínos e un dragón voador formado por globos. Estivo conformada por catro carrozas, unha por cada Rei Mago e a última incorporada polo Centro Comercial das Termas.

Entre a primeira e a segunda carroza houbo pallasos xigantes e paxes e entre a segunda e a terceira catro personaxes de Barrio Sésamo. Tamén, entre a terceira e a cuarta 6 monociclos e zancudos animaron tamén o percorrido.

A comitiva estivo pechada por pompeiros, a Banda Municipal, a Policía Local e os Bombeiros.

Mentres esperaban aos Reis, os rapaces que esperaban na praza Maior contaron cun grupo de animación.

Os tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, foron recibidos polo Alcalde de Lugo e a súa Corporación nos soportais do Concello. Seguidamente subiron até o balcón onde o Melchor pronunciou o seu discurso no que prometeu ás rapazas e rapaces de Lugo a construcción de máis xardíns de xogos e a da Casa das Linguas.

O Alcalde recibiu de mans dos Reis Magos o seu agasallo, consistente nunha vaquiñas como primeiro paso para a posta en marcha do CETAL, un tren de xoguete, que simboliza a chegada do AVE, e nunhas moedas de ouro para facer as obras que sexan necesarias para a cidade.

Tras un pequeno aperitivo, os tres Reis Magos recibiron nos seus tronos a todos os pequenos que o desexaron. Deixaron as súas peticións e levaron como recordo unha bolsa de golosinas.

Durante toda a cabalgata repartíronse 850 quilos de caramelos doados por Begasa, Carrefour e la Caixa, ademais dos mercados á Solidariedade Internacional.

Para a ocasión, a Casa Consistorial contou co adorno das escaleiras con arcos de globos de tres colores, amarillo, gris e negro, que simbolizan o ouro, o incienso e a mirra, os tres agasallos que levaron os Reis ao portal de Belén.

Previamente ao inicio da Cabalgata, os membros da Asociación María Castaña interpretaron cantos de Reis no fondo da praza Maior.