Imprimir

O CONCERTO DE ANINOVO DA BANDA PECHA O PROGRAMA DE NADAL DA CONCELLERÍA DE CULTURA


5/1/2007 Será o domingo, na praza Maior, á unha

O domingo chegarán ao seu final as festas de Nadal, polo que tamén ese día rematarán os actos organizados pola Concellería de Cultura con motivo desta celebración.

Ese día, tres novas actuacións porán o punto e final con tres novas actuacións musicais. A primeira estará cargo do orfeón Xoán Montes, que terá lugar ás doce na igrexa das Gándaras. Seguirá, á unha, o concerto do coro de San Francisco Javier na igrexa de Nadela, para rematar á mesma hora na praza Maior co concerto de Aninovo da Banda Municipal de Música.

O programa de Nadal quedará pechado coa clausura o domingo de Xuvenlugo, que conta con atraccións, obradoiros de animación, karts e pista de xeo todas tardes.