Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan de Excelencia entrega os distintivos de calidade a 44 empresas de Lugo


# Luns, 08/01/2007
O acto terá lugar mañá, ás 13:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, martes, ás 13:00 horas, o acto de entrega dos distintivos e diplomas do Plan de Calidade Turística a 44 establecementos e servizos do Concello.

Á entrega asistirán os membros da Comisión de Seguimento do Plan de Excelencia Turística de Lugo: o Alcalde de Lugo; a Concelleira de Cultura e Turismo; o Director Xeral de Turismo; o Subdelegado de Goberno en Lugo; o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Tamén estarán presentes membros do Consello Técnico de Calidade Turística de Lugo.

Lugo é un dos catro destinos turísticos galegos que conta con empresas distinguidas pola súa calidade co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). Este proxecto –avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias- pretende elevar a calidade dos servizos turísticos a través da mellora continuada dos mesmos.

Despois de outorgar os primeiros diplomas do SICTED no 2005 a 17 empresas e servizos de Lugo, agora tócalle a quenda a un grupo de novas empresas que poderán lucir a placa co selo de Compromiso de calidade turística nos seus locais.

Os establecementos e servizos distinguidos son:

-Seis bares e cafeterías (Café del Centro, Cafetería La Cantina de la Estación, Cafetería La Principal, Cafetería Metropol, Cafetería Roque, Taberna Daniel)
-Dúas casas rurais (Casa de Baixo, Casa Pardo)
-Dez comercios (Ajuar decoración-2 establecementos, Confitería Madarro, Joyería Refojo, Peluquerías Monet-3 establecementos, Triskel Artesanía-2 establecementos e Spiral Artesanía)
-Seis Hoteis (Balneario e Termas de Lugo, Gran Hotel de Lugo, Hotel Darío II, Hotel Metropol, Hotel Santiago e Pensión San Roque)
-Dúas Organizadoras Profesores. de Congresos (Gesticultura e Tecturis)
-Dúas Oficinas de Información Turística (Oficina de Turismo do Concello de Lugo e Oficina de Turismo da Xunta de Galicia)
-Catro restaurantes (Restaurante España, Restaurante Pasarela, Restaurante Parrilla Porta de Santiago, Restaurante Savoy)
-Oito taxis (Alberto Otero Valiño, Edita Gay Rodríguez, Fidel Rodríguez López, ,José A. Vázquez Gómez, José Gómez Costa, José López Seijas, José L. Novo Busto, José Mª Díaz Torneiro).
-As empresas Gallega de Animación e Viajes Hemisferios, o Servizo de Protección Civil de Lugo e a Policía Local de Lugo.

Actualmente, o SICTED estase a implantar en 30 empresas mais da cidade que, ao longo deste ano, poderán optar a conseguir o selo de Compromiso de Calidade Turística.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova