Entrega dos distintivos de calidade a 44 empresas de Lugo
# Martes, 09/01/2007
Trátase da segunda edición do SICTED, posto en marcha polo Plan de Excelencia Turística
O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu hoxe o acto de entrega dos distintivos e diplomas do Plan de Calidade Turística a 44 establecementos e servizos do Concello.
Neste acto participaron os membros da Comisión de Seguimento do Plan de Excelencia Turística de Lugo: o Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo; o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; o Subdelegado de Goberno, Jesús Otero, en Lugo; o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Francisco Real. Tamén estarán presentes membros do Consello Técnico de Calidade Turística de Lugo.
Lugo é un dos catro destinos turísticos galegos que conta con empresas distinguidas pola súa calidade co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). Este proxecto -avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias- pretende elevar a calidade dos servizos turísticos a través da mellora continuada dos mesmos.
Despois de outorgar os primeiros diplomas do SICTED no 2005 a 17 empresas e servizos de Lugo, agora tócalle a quenda a un grupo de novas empresas que poderán lucir a placa co selo de
Compromiso de calidade turística nos seus locais.
Os establecementos e servizos distinguidos son:
Seis bares e cafeterías (Café del Centro, Cafetería La Cantina de la Estación, Cafetería La Principal, Cafetería Metropol, Cafetería Roque, Taberna Daniel)
Dúas casas rurais (Casa de Baixo, Casa Pardo)
Dez comercios (Ajuar decoración-2 establecementos, Confitería Madarro, Joyería Refojo, Peluquerías Monet-3 establecementos, Triskel Artesanía-2 establecementos e Spiral Artesanía)
Seis Hoteis (Balneario e Termas de Lugo, Gran Hotel de Lugo, Hotel Darío II, Hotel Metropol, Hotel Santiago e Pensión San Roque)
Dúas Organizadoras Profesores. de Congresos (Gesticultura e Tecturis)
Dúas Oficinas de Información Turística (Oficina de Turismo do Concello de Lugo e Oficina de Turismo da Xunta de Galicia)
Catro restaurantes (Restaurante España, Restaurante Pasarela, Restaurante Parrilla Porta de Santiago, Restaurante Savoy)
Oito taxis (Alberto Otero Valiño, Edita Gay Rodríguez, Fidel Rodríguez López, ,José A. Vázquez Gómez, José Gómez Costa, José López Seijas, José L. Novo Busto, José Mª Díaz Torneiro).
As empresas Gallega de Animación e Viajes Hemisferios, o Servizo de Protección Civil de Lugo e a Policía Local de Lugo.
Actualmente, o SICTED estase a implantar en 30 empresas mais da cidade que, ao longo deste ano, poderán optar a conseguir o selo de Compromiso de Calidade Turística.
Durante o acto, as autoridades presentes agradeceron o esforzo realizado por todos os empresarios para dar o paso adiante no recoñecemento dos seus establecementos e para elevar a calidade turística en Lugo.
Así mesmo, foron incentivados para utilizar estas distincións para competir coas outras empresas en superioridade de condicións.
Compartir: