Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entrega dos distintivos de calidade a 44 empresas de Lugo


# Martes, 09/01/2007
Trátase da segunda edición do SICTED, posto en marcha polo Plan de Excelencia Turística

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu hoxe o acto de entrega dos distintivos e diplomas do Plan de Calidade Turística a 44 establecementos e servizos do Concello.

Neste acto participaron os membros da Comisión de Seguimento do Plan de Excelencia Turística de Lugo: o Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo; o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; o Subdelegado de Goberno, Jesús Otero, en Lugo; o Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Francisco Real. Tamén estarán presentes membros do Consello Técnico de Calidade Turística de Lugo.

Lugo é un dos catro destinos turísticos galegos que conta con empresas distinguidas pola súa calidade co selo do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). Este proxecto -avalado pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias- pretende elevar a calidade dos servizos turísticos a través da mellora continuada dos mesmos.

Despois de outorgar os primeiros diplomas do SICTED no 2005 a 17 empresas e servizos de Lugo, agora tócalle a quenda a un grupo de novas empresas que poderán lucir a placa co selo de Compromiso de calidade turística nos seus locais.

Os establecementos e servizos distinguidos son:

  • Seis bares e cafeterías (Café del Centro, Cafetería La Cantina de la Estación, Cafetería La Principal, Cafetería Metropol, Cafetería Roque, Taberna Daniel)
  • Dúas casas rurais (Casa de Baixo, Casa Pardo)
  • Dez comercios (Ajuar decoración-2 establecementos, Confitería Madarro, Joyería Refojo, Peluquerías Monet-3 establecementos, Triskel Artesanía-2 establecementos e Spiral Artesanía)
  • Seis Hoteis (Balneario e Termas de Lugo, Gran Hotel de Lugo, Hotel Darío II, Hotel Metropol, Hotel Santiago e Pensión San Roque)
  • Dúas Organizadoras Profesores. de Congresos (Gesticultura e Tecturis)
  • Dúas Oficinas de Información Turística (Oficina de Turismo do Concello de Lugo e Oficina de Turismo da Xunta de Galicia)
  • Catro restaurantes (Restaurante España, Restaurante Pasarela, Restaurante Parrilla Porta de Santiago, Restaurante Savoy)
  • Oito taxis (Alberto Otero Valiño, Edita Gay Rodríguez, Fidel Rodríguez López, ,José A. Vázquez Gómez, José Gómez Costa, José López Seijas, José L. Novo Busto, José Mª Díaz Torneiro).
  • As empresas Gallega de Animación e Viajes Hemisferios, o Servizo de Protección Civil de Lugo e a Policía Local de Lugo.
  • Actualmente, o SICTED estase a implantar en 30 empresas mais da cidade que, ao longo deste ano, poderán optar a conseguir o selo de Compromiso de Calidade Turística.

    Durante o acto, as autoridades presentes agradeceron o esforzo realizado por todos os empresarios para dar o paso adiante no recoñecemento dos seus establecementos e para elevar a calidade turística en Lugo.

    Así mesmo, foron incentivados para utilizar estas distincións para competir coas outras empresas en superioridade de condicións.




    Compartir:
    Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
    RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova