Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias inicia un obradoiro de educación para a saúde


# Mércores, 28/03/2007
Será os xoves e venres, de catro a sete, no Centro Social Uxío Novoneyra

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dará comezo mañá, xoves, a un novo programa subvencionado polo Plan Nacional de Drogas que pasa a substutuír ao finalizado a pasada semana “E ti, ¿comunicas?”, que consistía nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais.

O novo programa o último que se pon en marcha dentro deste novo ciclo, será un de educación para a saúde, que se celebrará todos os xoves e venres de catro a sete da tarde até o 27 de abril. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos e se impartirá no Centro Social Uxío Novoneyra.

Completa o programa o curso de alfabetización no Carqueixo, que se desenvolve todos os mércores dos meses de marzo, abril, maio e xuño.

Finalmente, todos os venres, o Servizo de Prevención de Drogodependencias proyecta unha película dentro do ciclo Alucine. Será un iclo cun programa de 12 proxeccións con películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas. A próxima será “Bowling for Colombine”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova