Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As visitas á web municipal aumentan un 155% no 2006


# Mércores, 10/01/2007
Estivo preto do millón de entradas, cun promedio mensual de 81.309 e diario de 2.673

A web municipal, www.lugo.es, estivo cerca do millón de visitas no 2007, xa que foron contabilizadas 975.707, o que supón un crecemento do 155% en relación ás 383.585 do 2005. Así o explicou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que calificou estes datos de “espectaculares”.

De feito, engadiu, as visitas multiplicáronse por 2,5 mentres que o crecemento no cambio de ano anterior foi do 36%.

Nos datos ofrecidos esta mañá houbo un promedio mensual de 81.309 visitas fronte ás 31.965 do 2005, o que supón un incremento de 49.344. A media de visitantes diaria é tamén de 2.673.

A Concelleira destacou que se invertiu a tendencia dos últinos anos de ter o maior número de visitantes en setembro e outubro, coincidindo co San Froilán, e finalizar o ano á baixa. No 2006 rematouse o ano co maior número de visitantes mensual de todo o ano, 110.398.

Fixo referencia tamén ás páxinas máis destacadas, sendo a do San Froilán a que máis visitas tivo, con 42.493, seguido do blog do Alcalde, con 37.330. Moito éxito tiveron tamén a revista Foeminas, con 24.067, e a do Servizo de Prevendión de Drogodependencias, con 22.851. Destacou especialmente as rexistradas pola páxina do Arde Lucus, unha festa moi nova de tres días de duración en xuño, que recopilou 19.300 entradas durante todo o ano.

A Concelleira fixo referencia tamén ás máis de 12 millóns de cargas realizadas das páxinas, sendo o rueiro, con 352.870 o de máis éxito, seguido da Concellería de Cultura, con 344.390.

Por outra banda, os documentos máis descargados, en 4.904 ocasións, foron os dos autobuses das termas, seguidas das 2.654 veces do Plan de Excelencia. Entre os primeiros figuran tamén o programa Lugo Cidade Próxima, o programa cultural de Caixanova, os trámites administrativos, a guía da cidade ou as rutas turísticas.

Os destacados ou botóns máis pinchados foron o San Froilán, con 10.116 cliks, seguido moi de cerca polo blog do Alcalde, con 9.399. O PXOM, o rueiro e o Corre con Nós foron tamén das máis solicitadas.

Concepción Burgo explicou o éxito das últimas incorporacións como o blog do Alcalde, o calendario do contribuínte, o apartado de Ordenanzas e as remodelacións e melloras que se fixeron nas páxinas específicas como a de San Froilán e a do Arde Lucus.

Finalmente suliñou o éxito doutras das incorporacións deste ano, que foi a do envío de postais, realizada en setembro. Un total de 1.502 persoas utilizaron este método de correo durante o ano, ás que hai que sumar as 674 enviadas durante o Nadal.

A Concelleira destacou que a web municipal estase a converter nunha ferramenta esencial, que verá transformada a súa existencia coa posta en marcha do programa Lugo Dixital.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova