Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias proxecta ¿Bowling for Colombine¿


# Xoves, 29/03/2007
Será o venres, ás sete e media, no Uxío Novoneyra

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa mañá, venres, cunha nova proxección do ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida é “Bowling for Colombine”.

Este ciclo contempla 12 proxeccións de películas de varias nacionalidades e todas elas cun recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.

Todas elas proxéctanse no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra, entre as sete e media e as nove e media da tarde.

Esta película, dirixida por Michael Moore, está incluída dentro do xénero documental e conta coa intervención de persoalidades destacadas da vida política norteamericana e canadiense.

Tomando a masacre do instituto Columbine como punto de partida, a película é unha exploración personal e artística da natureza da violencia nos Estados Unidos, que consiste en fragmentos de publicidade de armas de fogo, animacións satíricas sobre a historia de Norteamérica e entrevistas de Moore a varias persoas, entre elas Charlton Heston e Marilyn Manson.

Moore busca, co seu estilo persoal, saber por qué tivo lugar a masacre de Columbine, e por qué Estados Unidos ten unha taxa de crimes violentos moito máis alta (na que soen estar implicadas as armas de fogo) que outros países democráticos como Alemania, Francia, Xapón, O Reino Unido e, especialmente, Canadá.

Comezouse a proxectar o 11 de outubro de 2002 e ten recibido varios premios.

Por outra banda, hoxe, xoves, deu comezo un novo programa subvencionado polo Plan Nacional de Drogas que pasa a substutuír ao finalizado a pasada semana “E ti, ¿comunicas?”, que consistía nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais.

O novo programa o último que se pon en marcha dentro deste novo ciclo, será un de educación para a saúde, que se celebrará todos os xoves e venres de catro a sete da tarde até o 27 de abril. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos e se impartirá no Centro Social Uxío Novoneyra.

Completa o programa o curso de alfabetización no Carqueixo, que se desenvolve todos os mércores dos meses de marzo, abril, maio e xuño.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova