Imprimir

SETE REPRESENTACIÓNS CONFORMAN A SÉTIMA EDICIÓN DA MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO


11/1/2007 Serán do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro no Auditorio, ás oito e media da tarde

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e Jesús Vidal, en representación de Caixanova, presentaron esta mañá na Casa Consistorial o programa da sétima edición da Mostra de Teatro Clásico, que se densenvolverá en Lugo entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro.

Segundo explicou a Concelleira, a cidade contará con sete representacións, todas elas no marco do Auditorio Gustavo Freire a partir das oito e media da tarde, a prezos populares.

Novamente voltarán a Lugo sete grandes compañías, unha delas galega, para traer adaptacións de outros tantos autores que realizaron adaptacións moi variadas de clásicos de todas as épocas.

Esta Mostra está organizada polo Concello de Lugo en colaboración con Caixanova e ten un orzamento total de cen mil euros.

A obra que abrirá o programa será Ricardo III, de William Shakespeare, que porá en escea Teatre Lliure. Este grupo realiza unha adaptación moi atrevida deste clásico, levado ao século actual nunha truculenta historia.

Continuarán as representacións o día 30 coa obra El enfermo imaginario, de Jean Baptiste Poquelin Molière, que estará a cargo de Morboria teatro. Nesta representación intégranse a música e a danza cunha magnífica interpretación.

O día 1 de febreiro será el Mágico prodigioso, de Calderón, o que poderá verse da man de MP Mágico Prodigioso. Trátase dunha comedia que se desenvolve na Antioquía do século III, combinando elementos do mito de Fausto con epidosdios das vidas dos mártires Cipriano e Xustina.

O venres día 2 Alquibla Teatro interpretará Orestíada, unha versión libre destes famosos textos clásicos. O sábado será a vez dun Macbeth interpretado por un dos grupos de teatro galegos máis representativos, Sarabela. A Concelleira recalcou a importancia que ten para esta edición contar cun grupo destas características, “xa que sempre intentamos que polo menos un grupo galego estea no programa”, dixo.

O domingo Santi Rodríguez chega a Lugo con Ave Sosia, como actor principal da compañía Los Ulen e Centro Andaluz de teatro. Textos de Aristófanes e Plauto serán o centro desta comedia da época dos césares.

Libélula Producciones pechará o ciclo con El Trovador, unha obra romática, unha época moi pouco tratada polo panorama teatral español e que foi elevada á fama máis absoluta coa adaptación de Guissepe Verdi para a súa ópera do mesmo nome.

As representacións terán uns precios populares, segundo indicou a Concelleira, xa que haberá bonos para as sete representacións a 49, 35 e 21 euros, dependendo da zona do Auditorio. Por outra banda, cada entrada terá un prezo de 12, 9 e 7 euros, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Os bonos estarán á venda dende hoxe e até o 19 e poderán adquirirse no servizo de venda anticipada de Caixanova no número de teléfono 902 504 500 e a través da web www.caixanova.es.

As entradas venderanse entre o 20 e o 28 de xeito anticipado tamén a través de Caixanova, mentres que a partir desa data estarán á venda na taquilla do Auditorio dende unha hora antes do comezo da representación.

A documentación sobre os distintos grupos e as obras que se verán en Lugo pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.