Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O tradicional baile mensual de Fingoi celebrarase o día 14


# Luns, 02/04/2007
Cambiouse por coincidir coa Semana Santa

O baile previsto para esta fin de semana no Centro Social de Fingoi celebrarase finalmente o día 14 de abril. O motivo deste cambio de data é para evitar a súa coincidencia coa Semana Santa.

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, segue ofrecendo a todos os veciños e veciñas de Lugo o consabido baile de fin de semana neste centro.

Enmarcada no programa de animación sociocultural, pretende ofrecer un lugar de encontro para todas as persoas que, sen límite de idade, e de forma libre e gratuíta acudan ao centro.

Ten como destinatarios potenciais ás persoas do barrio de Fingoi, pero de todos os xeitos non se limita o acceso a persoas doutros lugares do concello ou mesmo de fóra del, feito que enriquece a actividade e facilita a convivencia entre os diferentes veciños de Lugo.

Esta actividade desenvólvese os primeiros sábados de cada mes a partir das seis da tarde amenizada con música en vivo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova