Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello mantén aberta a inscrición para as I Xornadas sobre Prevención de Drogodependencias


# Mércores, 04/04/2007
Terán lugar os días 19 e 29 deste mes

O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

Estas xornadas están destinadas a divulgar o traballo que se leva a cabo en materia de prevención en distintas organizacións, así como algunhas das iniciativas existentes no ámbito da prevención de drogas a nivel nacional. Están dirixidas principalmente a profesionais das distintas administracións públicas, entidades privadas e asociacións, así como estudantes e voluntarios interesados no tema, especialmente dos ámbitos da educación, psicoloxía e saúde.

Estas xornadas nacen como unha conclusión do traballo realizado polo Servizo de Prevención de Drogodepencias nestes anos de funcionamento, tal e como explicou a Concelleira durante a presentación.

Serán dous días de ponencias e actividades conxuntas, o xoves durante todo o día e o venres pola mañá. Xa teñen confirmada a súa asistencia profesionais de prestixio dos distintos ámbitos relacionados coa drogadicción. A primeira xornada contará tamén con Carmen Moya García, Delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

O prazo de inscrición manterase aberto até o día 13 e ésta pode realizarse nas oficinas de Gesticultura, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ou chamando ao teléfono 982 285 202.

Existe unha limitación de cen prazas por actividade e son gratuítas. Terán lugar no marco do Centro Social Uxío Novoneyra.

O programa e a información sobre estas xornadas pode consultarse na web municipal, www.lugo.es ou en www.prevenciondrogas.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova