Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo de solicitude das axudas para o alugueiro de vivendas e para as asociacións culturais


# Martes, 10/04/2007
O prazo de presentación de documentación para as subvencións de lume novo segue aberto

O Concello de Lugo pecha mañá, mércores, o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo. As bases están recollidas do Boletín Oficial da Provincia do sábado, no que se establece un periodo dun mes (até o 11 de abril) para realizar ditas solicitudes.

A documentación necesaria pode consultarse nas bases da convocatoria, que están web municipal, www.lugo.es e deberá presentarse no rexistro de Evislusa e no do Concello de Lugo.

Estas subvencións están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pero están xestionadas a través da Empresa Municipal do Solo, Evislusa.

Pola súa banda, a Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, ten aberto tamén o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro e entidades para o desenvolvemento de programas de interese cultural. As bases da convocatoria tamén están a disposición dos interesados na web municipal e a solicitude ten que facerse no Rexistro do Concello. A información poden obtela no teléfono de información municipal 010 ou en Atención Cidadá.

LUME NOVO

Por outra banda, esta Concellería mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións á celebración de festas e actos tradicionais de Lume Novo (San Xoán) nas parroquias e barrios.

O prazo para cursar a solicitude remata o 20 de xuño para a celebración de Lume Novo e o 1 de outubro para as festas patronais. Os prazos redúcense con relación ao ano pasado, aínda que se manteñen as contías e o proceso de solicitude.

As contías da subvención teñen un máximo de 42.000 euros para as festas, con 600 euros para cada parroquia ou barrio do concello, mentres que as solicitudes non superen as 70. Ademais, haberá 8.500 euros para a noite das fogueiras, que se repartirá en partes iguais entre todos os solicitantes.

Os encargados de solicitar estas subvencións serán os presidentes das correspondentes comisións de festas, da asociación de veciños ou calquera persoa que xustifique a súa vinculación coa parroquia ou barrio. Deberán presentar a documentación solicitada no Rexistro Xeral do Concello antes da data que se recolle no BOE do xoves 8 de marzo

Todas as solicitudes remitiranse ao Servizo de Cultura, que se encargará de estudar a súa solicitude para a aprobación. Os interesados en obter máis información sobre este particular poden informarse no propio BOP, no Servizo de Cultura do Concello ou no teléfono de información municipal 010.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova