Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ciclo de charlas médicas continúa esta semana en Romeán e nas Gándaras


# Martes, 10/04/2007


A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana o barrio das Gándaras e a parroquia de Romeán.

Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.

O ciclo continúa esta semana con dúas charlas, a primeira no Local Social de Romeán, mañá, mércores, ás seis da tarde. A segunda será no local das Gándaras o xoves ás oito da tarde. O calendario deseñado cubrirá ademais as seguintes zonas do municipio:

-O Sagrado Corazón o 18 de abril, ás 20 horas;
-Díaz Castro o 19 de abril, ás 18 horas;
-O Burgo o 27 de abril, ás 19:30 horas;
-Ribas de Miño o 10 de maio, ás 20 horas;
-Tirimol o 11 de maio, ás 20:00 horas;
-Soñar o 25 de maio, ás 18:00 horas

As charlas percorrerán distintos barrios da cidade e a zona rural co fin de dar cobertura informativa a todos os lucenses sobre temas de gran interese para a población como son as enfermidades que afectan á terceira idade. Estas ponencias estarán impartidas por profesionais especializados en mediciña xeriátrica e abordarán temas relacionados coa saúde dos maiores dende a perspectiva da prevención (para fomentar hábitos saudables de dieta, exercicio físico e hixiene) e da enfermidade, ofrecendo información sobre as afeccións típicas como demencias ou alzheimer. Outras materias das que se informará será o uso adecuado dos medicamentos ou a saúde da muller.

As conferencias son totalmente gratuítas e estarán abertas á participación do público asistente co fin de ofrecer a oportunidade de plantexar as súas dúbidas e comentarios sobre estes temas aos expertos.

Dende o Concello o que se busca ao desenvolver este tipo de actividades é satisfacer unha demanda dos ciudadanos cada vez máis concienciados da necesidade de adoptar hábitos saudables e de previr enfermidades.

Cando finalicen as distintas accións formativas contempladas neste convenio de colaboración, as institucións participantes editarán unha publicación coa escolma dos contidos abordados ao longo das actividades desenvolvidas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova