Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata a edición anual do ciclo Cine Ensino, na que participaron máis de 800 adolescentes


# Mércores, 11/04/2007
Está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias

Un total de 820 alumnos do primeiro ciclo de Secundaria de dez centros de ensino da cidade de Lugo participaron onte na última sesión do programa Cine Ensino, organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias.

Trátase dunha serie de tres proxeccións coas que se pretende incidir mediante este programa na prevención de drogas a través da implantación na xuventude doutro tipo de valores a través de traballos con mozos e mozas da franxa de idade de entre 11 e 13 anos.

O programa conta con tres proxeccións, unha por trimestre, ás que asiste o mesmo grupo nas tres ocasións e que se complementa co traballo posterior na aula.

Esta actividade educativa e preventiva, dirixida aos alumnos de 1º e 2º da ESO, conseguiu superar todas as previsións, xa que a demanda dos centros supera a oferta posible. Os técnicos do Concello empregan o cine para a transmisión de valores e a prevención de drogas. Ao mesmo tempo que os alumnos se divirten, celébranse coloquios educativos.

Durante a representación, os rapaces reciben unha ficha que deben entregar na seguinte representación e tratan o tema na clase dentro dunha unidade didáctica.

O programa deste ano, que chegou onte ao seu final contou coa proxección de tres filmes de actualidade: “Dick y Jane, ladrones de risa”; “Sky High, una escuela de altos vuelos” e “Pequeños salvajes”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova