Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura a Bienal de pintura do Eixo Atlántico


# Martes, 16/01/2007
Poderá verse até final de mes todas as tardes entre as catro e as nove no Uxío Novoneyra

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou hoxe a sétima edición da bienal de pintura 2006-2007 do Eixo Atlántico, celebrada como complemento ao premio que recoñece o labor de talentos luso-galaicos.

Durante a presentación, o Alcalde, que estivo acompañado dos Delegados das Consellerías de Sanidade e de Educación e tamén o Sobdelegado do Goberno, ademais de varios Concelleiros.

O Alcalde lembrou as características que unen a estas cidades atlánticas como a cultura, a paisaxe, a fala e “tamén a arte”, dixo. Por outra parte, indicou que son máis de seis millóns de persoas as que se atopan baixo a influenza do Eixo Atlantico polo que a presenza en Lugo desta exposición significa que Lugo cobra un peso específico neste organización transnacional.

O Alcalde rematou o discurso inaugural coa promesa de que a próxima edición poderán verse dentro da sala de exposicións que haberá no futuro Auditorio.

Esta Mostra recolle o traballo de 33 artistas pictóricos de procedencia galega e portuguesa que participaron neste premio.

A mostra celébrase cada dous anos e visita todas as cidades membros do Eixo Atlántico. De feito, vén de estar en Ferrol e continuará véndose en Monforte de Lemos para rematar en novembro en Vigo.

Xunto á exposición foi publicado un catálogo que recolle os traballos dos gañadores, así como o resto das obras que compoñen esta mostra. Poderá verse até final de mes no Centro Social Uxío Novoneyra todas as tardes, de catro a nove.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova