Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello levará os servizos sociais ás parroquias a través dos Centros de Dinaminación Sociocultural


# Xoves, 12/04/2007
Dous traballadoras sociais prestarán os seus servizos de forma continuada nestas catro escolas rurais rehabilitadas

As escolas rurais rehabilitadas polo Concello servirán de lugar de atención dos Servizos Sociais dentro da zona rural. Dúas traballadoras sociais utilizarán estes centros como base para atender as necesidades dos veciños para evitar que teñan que desprazarse aos Centros Sociais da cidade.

Así o indicaron hoxe o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Zona Rural e Servizos Sociais, Francisco Fernández Liñares e Carmen Basadre, no transcurso dunha reunión con veciños da parroquia de Coeses, donde vén depoñerse en marcha este primeiro Centro de Dinaminación Sociocultural de Lugo.

Nesta sinxelo acto, estiveron presentes tamén os pedáneos das parroquias de San Xoán do Campo e de Ribas de Miño, así como a presidenta da asociación de veciños de Santa María de Bóveda.

O centro de Coeses acolle unha variedade importante de funcións, como a formación e a atención ás persoas maiores, pero serve tamén como lugar de reunión para o ocio e o tempo libre dos cidadáns do medio rural, sen deixar de lado o seu carácter de telecentro. Foi desenvolvido para acoller actividades orientadas a todos os grupos de idade.

A antiga Escola de Coeses, que foi rehabilitada polo Concello, entra en funcionamento como un exemplo a seguir polo resto de parroquias que están en proceso de creación do seu Centro de Dinamización Sociocultural, a de Santa María de Bóveda, onde xa remataron as obras, e nas de San Xoán do Campo e en Calde. Así o fixo constar o Alcalde, quen tamén pediu a colaboración de todas para ser un referente no que se miren o resto de parroquias. Indicou tamén que as súas portas deben estar abertas a todos os veciños de Lugo, “xa que foi feito cos cartos de todos os lucenses”, dixo.

O Alcalde explicou que a intención do equipo de goberno é descentralizar os Servizos Sociais, que hoxe en día funcionan só no medio urbán, e poñer un servizo de atención directa nestes centros.

O proxecto comezaría a funcionar no 2008 e contemplaría a creación de dous novos postos de traballador social que desempregarían a súa tarefa de forma continuada e correlativa por estes centros. “A intención é que ningúnha persoa maior se sinta sola e poda ter acceso ás súas necesidades de atención preto do seu propio fogar, sen ter que desprazarse até a cidade”, explicaron.

Actualmente o centro de Coeses está a desenvolver unha intensa actividade xestionada pola asociación veciñal, que se verá ampliada polos servizos previstos de apoio ás necesidades sociais da zona, que estarán a cargo do Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova