Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentación do libro cos contos gañadores do último certame Anxel Fole


# Mércores, 17/01/2007
Será esta tarde de mércores, ás oito, no Salón de Plenos

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle hoxe a presentación do libro Catro relatos do VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole. Trátase dunha publicación municipal que recolle os galardonados nesta edición do certame literario convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo.

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentarán esta publicación na que se poden ler os catro relatos gañadores:

•O legado turbulento dos xemelgos Salinas, de Iván García Campos
•A muller que non comía, de Francisco Rozados
•Lo que hay que saber, de Javier Pérez
•El valor del ser humano, de José Manuel Moreno Pérez

As bases do concurso do certame literario recollen a indicación de que se lles dará publicidade aos gañadores, polo que foron publicados por primeira vez novamente o ano pasado, recollendo os traballos dos certames sexto e sétimo.

O Concello adquiriu o compromiso de publicar dende esa data todos os traballos premiados ano a ano, razón pola que hoxe se presenta esta edición.

Os premiados teñen distintas participacións en publicacións colectivas ou en pequenas edicións. Ademais, Javier Pérez recibiu despois do Ánxel Fole o premio Azorín de novela 2006 polo libro La crin de Damocles, un dos premios máis importantes de narrativa en castelán.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova