Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo para participar no concurso que escollerá o cartel do Entroido


# Venres, 19/01/2007
Os orixinais deberán entregarse antes do luns na Concellería de Cultura, na Casa Consistorial

A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, pecha o luns o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.

Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión. Por isto, a Concellería de Cultura pon en marcha este concurso no que todos os carteis deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o luns, ás 14:30 horas. Todos os participantes entregarán a súa obra na Concellería de Cultura e Turismo, na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.

As bases poden consultarse na portada da páxina web municipal, www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova