Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o luns a venda anticipada de entradas para a Mostra de Teatro Clásico


# Venres, 19/01/2007
Será do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro no Auditorio, ás oito e media da tarde

O luns comeza a venda de entradas individuais para a sétima edición da Mostra de Teatro Clásico, que se densenvolverá en Lugo entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro. A venda de bonos para todas as representacións rematou o venres.

A cidade contará durante pouco máis dunha semana con sete representacións, todas elas no marco do Auditorio Gustavo Freire, a partir das oito e media da tarde. Novamente voltarán a Lugo sete grandes compañías, unha delas galega, para traer traballos doutros tantos autores que realizaron adaptacións moi variadas de clásicos de todas as épocas.

Esta Mostra está organizada polo Concello de Lugo en colaboración con Caixanova e ten un orzamento total de cen mil euros.

As representacións teñen uns precios populares, que baixan máis cos bonos que se venderon a 49, 35 e 21 euros, dependendo da zona escollida do Auditorio. Por outra banda, cada entrada terá un prezo de 12, 9 e 7 euros, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Estarán a venda anticiapada dende o luns no servizo de Caixanova, no número de teléfono 902 504 500 e a través da web www.caixanova.es.

O día 28 remata o prazo para a venda anticipada polo que, a partir desa data, estarán á venda na taquilla do Auditorio dende unha hora antes do comezo da representación.

A obra que abrirá o programa será Ricardo III, de William Shakespeare, que porá en escea Teatre Lliure. Este grupo realiza unha adaptación moi atrevida deste clásico, levado ao século actual nunha truculenta historia.

Continuarán as representacións o día 30 coa obra El enfermo imaginario, de Jean Baptiste Poquelin Molière, que estará a cargo de Morboria teatro. Nesta representación intégranse a música e a danza cunha magnífica interpretación.

O día 1 de febreiro será el Mágico prodigioso, de Calderón, o que poderá verse da man de MP Mágico Prodigioso. Trátase dunha comedia que se desenvolve na Antioquía do século III, combinando elementos do mito de Fausto con epidosdios das vidas dos mártires Cipriano e Xustina.

O venres día 2 Alquibla Teatro interpretará Orestíada, unha versión libre destes famosos textos clásicos. O sábado será a vez dun Macbeth interpretado por un dos grupos de teatro galegos máis representativos, Sarabela.

O domingo Santi Rodríguez chega a Lugo con Ave Sosia, como actor principal da compañía Los Ulen e Centro Andaluz de teatro. Textos de Aristófanes e Plauto serán o centro desta comedia da época dos césares.

Libélula Producciones pechará o ciclo con El Trovador, unha obra romática, unha época moi pouco tratada polo panorama teatral español e que foi elevada á fama máis absoluta coa adaptación de Guissepe Verdi para a súa ópera do mesmo nome.

A documentación sobre os distintos grupos e as obras que se verán en Lugo pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova