Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Un estudante, gañador do I Concurso de Carteis de Entroido 2007


# Martes, 23/01/2007
Esta primeira edición superou as expecttivas de participación e de calidade dos traballos

O xurado do I Concurso de Carteis de Entroido 2007 reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta primeira edición. O faio foi emitido ás 13:45 horas, tras case unha hora de deliberación, declarando gañador ao cartel titulado “Manos negras”.  O autor da obra galardonada é Víctor Gómez González, un alumno da Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón da cidade, que recibirá o premio de 600 euros.
  
Os membros do xurado foron Mercedes Barreiro, José Blázquez e Cristian Gutiérrez e todos coincidiron en salientar a magnífica calidade dos traballos, cousa que dificultou a elección do cartel gañador.

A primeira edición deste concurso, organizado pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, superou as expectativas de participación, pois se presentaron un total de 41 obras cunha maioría de procedencia lucense e algunhas doutras comunidades autónomas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova