Preto de 50 mulleres viaxan a Lisboa esta fin de semana dentro das actividades da Casa da Muller
# Xoves, 12/04/2007
Un total de 46 mulleres participan esta fin de semana na viaxe a Lisboa organizada pola Casa da Muller e o Concello de Lugo dentro do programa anual de actividades.
O percorrido destqa viaxe inclúe Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo e o prezo do mesmo oscila entre os 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús.
Esta viaxe estivo aberta á participación de todas as mulleres do termo municipal e durante o periodo de inscrición cubríronse as prazas ofertadas.
As mulleres sairán á unha do mediodía en autobús do parque da Milagrosa, fronte ás instalacións da Casa da Muller e voltarán o domingo pola noite.
Compartir: