Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A 7ª Mostra de Teatro Clásico continúa o martes con El enfermo imaginario de Molière


# Luns, 29/01/2007


A Mostra de Teatro Clásico do Concello de Lugo e Caixanova segue a celebrarse no Auditorio Municipal Gustavo Freire cunha das obras máis famosas de Molière: El enfermo imaginario. Este martes, a partir das oito e media da tarde, Morboria Teatro porá en escena a última obra do xenial dramaturgo francés que morreu no curso da cuarta representación. As entradas custan 7, 9 ou 12 euros, segundo a súa localización, e poden mercarse unha hora antes nas taquillas.

Coa tradución, versión e dirección de Eva del Palacio, Argán, o protagonista, cre que está moi enfermo e non pode vivir sen estar rodeado de médicos. Para ter unha familia que lle faga aforrar a inxente cantidade de diñeiro que destina ás súas curas, non dubida en concertar un matrimonio de conveniencia entre a súa filla Angélica co fillo do seu médico favorito, o señor Diafoirus. Mentres Belinda, a súa segunda esposa, compórtase como unha perfecta madrasta… Pero Toñita, a súa fiel serventa, descarada, impertinente, bondadosa, enredadora e trapalleira, fará o necesario para axudar á súa muller e salvar ó señor Argán dos médicos que o sangran. Coa complicidade do irmán de Argán, o señor Beraldo, maquinarán unha cerimonia esperpéntica que transformará ó enfermo en doutor.

Os actores de Morboria Teatro son: Fernando Aguado, Eva del Palacio, Ana Burrel, Alejandra Llorente, Malena Gutiérrez, Diego Morales, Félix Casales, Santiago Nogues, Francisco Sánchez, Carlos Pérez Mántaras.

A Compañía
A principios dos anos 80, anos de movida e explosión artística, nos arredores do teatro Real -sede da Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza- un grupo de alumnos reúnense tentados polo mundo máxico, libre, cheo de incertezas pero apaixonante do teatro. En 1985, Eva del Palacio, Fernando Aguado e Álvaro Aguado forman a Compañía de Teatro Morboria.

Apaixonados polo teatro, a danza, a música, o cómic, o cine de aventuras, de terror e de ciencia-ficción, o seu obxectivo foi levar ó teatro á xente da rúa. Neste momento o seu repertorio abarca dende os clásicos -Shakespeare, Molière, Tirso deMolina- ata autores contemporáneos coma Jarry.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova