Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola de Altos Estudos Musicais actuá dento do programa da Sociedad Filarmónica


# Xoves, 01/02/2007
Será o venres no Círculo das Artes, ás oito e media

A Escola de Altos Estudos Musicais, xestionada pola Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM, actuarán o venres en Lugo dando continuidade á tempada de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica.

Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, a partir das oito e media da tarde.

A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.

A tempada actual prolongarase ata o mes de xuño e nela se contempla a celebración de dez concertos, abrindo e pechando sempre coa actuación dunha orquestra.

Esta Escola foi creada como centro de formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como paara a organización de diferentes actividades de divulgación musical.

A Escola foi creada no 1995 como resultado dun proxecto no que concorreron a Xunta de Galicia e o Consorcio de Santiago para formar a profesionais de cara á súa integración na Xove Orquestra de Galicia ou na Real Filharmonía.

Unha media de 40 estudantes recibe clases nesta sección, que ten como prioiridade impartir unha formación concreta dirixida á especialización dos alumnos que, cos seus estudos de conservatorio xa finalizados, ou cun acreditado dominio instrumental, teñan vocación de se converter en profesionais.

Os alumnos son seleccionados cada ano a través dunha convocatoria de audicións para cubrir as prazas vacantes nas especialidades impartidas, sempre en función das proporcións orquestrais.

O programa formativo contempla igualmente a celebración de concertos públicos protagonizados polos alumnos, ben como intérpretes solistas, ven en conxuntos de cámara ou como membros da Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais.

No concerto de mañá actuarán varios conxuntos de Cámara cun programa do máis variado con obras de Handel, Beethoven, Mozart, Kodály, Haynd e Berio. Estas pezas están a cargo de cuartetos e quintetos formados por instrumentistas de vento.

O próximo concerto terá lugar o día 10 de febreiro e estará a cargo de Art Trío Bohemia.

A información sobre o concerto pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova