Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello entrega as réplicas da Medalla Reina Sofía a trece asociacións da cidade


# Venres, 13/04/2007
Presentados dous novos autobuses e os dous taxis adaptados para persoas con discapacidade

O Alcade de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixeron entrega hoxe de trece réplicas da Medalla Reina Sofía a outras tantas asociacións de persoas con discapacidade. O Concello recibiu este premio pola seu labor na eliminación de barreiras.

O Concello quixo facer este simbólico acto para agradecer a colaboración prestada por todos os colectivos “en primeiro lugar por concienciarnos das necesidades existentes e en segundo lugar polo traballo de apoio e consello desenvolvido nestes poucos anos”. Indicou que o apoio foi non só económico, senón tamén intelectual e físico.

O Alcalde referiuse a que foi o traballo conxunto de todos o que fixo que se puidese avanzar tanto en tan tampouco tempo. “Todos teñen o mesmo dereito a gozar da cidade e todos os servizos que ofrece, polo que este premio é un agradacemento e unha obriga a seguir traballando”, engadiu.

Antes da entrega, as autoridades municipais e os representantes das asociacións revisaron as novas incorporacións aos Autobuses Urbanos, os dous últimos vehículos adaptados para persoas con discapacidade, que permiten chegar xa á cifra de que o cen por cento das liñas teñen coches de plataforma baixa. Ademais, un segundo taxi adaptado acaba de sumarse ao servizo público da cidade, co que xa son dous os que están a funcionar na actualidade en Lugo.

O Alcalde agradeceu o esforzo inversor e concienciado que realizaron os dous condutores que se suman a esta loita pola igualdade que leva a cabo o Concello de Lugo. “O mesmo que a empresa de autobuses, que xa ten culmido o seu proceso de modernización tendo adaptados todos os seus vehículos que están en continuo funcionamento”, dixo.

Durante o acto, presentouse un pequeno vídeo no que se recollen as actuacións realizadas nos últimos anos para eliminar as barreiras arquitectónicas. Asimesmo, insistiron na necesidade de continuar este traballo e extendelo á zona rural, “que é donde queda aínda moito traballo por facer”, dixo.

Estas réplicas corresponden as asociacións Cermi, Cogami, Auxilia, Alusor, Asorlu, ONCE, Fademga, Aspnais, Síndrome de Down, Raiolas, Afalu, Alucem e San Vicente de Paul.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova