Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a Fundación ONCE promocionarán Lugo como destino especializado no turismo accesible


# Venres, 02/02/2007
Lugo abre unha importante liña en favor do turismo familiar, da terceira idade e para personas con problemas de mobilidade

A Guía accesible do Concello, as novas rutas de senderismo e os produtos de merchandising están a ter gran acollida en Fitur.

Abertas negociacións con Roma e París.

Lugo está disposto a converterse nun dos municipios españois pioneiros no turismo accesible. Ademais das políticas municipais desenvolvidas neste camiño e avaladas por premios como o nacional Reina Sofía de Accesibilidade, o Concello continuará apostando por esta ambiciosa liña de traballo. Hoxe en FITUR, o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, conseguiron a implicación da Fundación ONCE para promocionar conxuntamente o turismo accesible do noso municipio.

A intensa xornada de traballo municipal marcada hoxe nunha das feiras de turismo máis importantes do mundo comezou cunha reunión de traballo entre o Alcalde, a Concelleira de Cultura, e a Xerente do Plan de Excelencia Turística -Isabel Barreiro- con directivos da Fundación ONCE. Despois de manter contactos previos con Jorge Piñeiro -Director de Fundosa- e hoxe con Carlos Galán e Salúd Rodríguez -responsables da sección de accesibilidade da Fundación ONCE-, o obxectivo foi conseguido: xuntos promocionarán Lugo como destino accesible.

Unha das principais canles será a través de Viajes 2000, a axencia da ONCE que xestiona millóns de desprazamentos ó ano. "Lugo estará en la oferta directa que promociona esta agencia, que se caracteriza porque busca ciudades sensibles a estos colectivos y que ofrece productos para ellos", afirmó Galán.

O Alcalde explicou que "o turismo accesible non é só para persoas con discapacidade, senón para o turismo familiar e da terceira idade". Neste senso os directivos da ONCE lembraron que "la tercera edad es un colectivo muy interesante y muy fiel. Si están cómodos, seguros y en un lugar agradable, siempre repiten". Ademais, Viajes 2000 está a traballar na captación de público da terceira idade do estranxeiro, que é un turismo de calidade e con moitos recursos económicos.

A Fundación ONCE felicitou ó Concello pola guía de accesibilidade, así como polas rutas de senderismo -que inclúen treitos accesibles- e polas audioguías en MP3 que entrarán en funcionamento en menos de dous meses.

Outros dos camiños abertos no turismo accesible foi coa Fundación Polivea, o maior portal de internet sobre accesibilidade. Polivea ofreceu a Lugo co-financiación para formación do persoal en accesibilidade. Este portal ten 2.000.000 de usuarios ó mes.

Negociacións con Roma e París
Outra das importantes citas do día tivo lugar coa Directora de Turismo de Roma. Lugo quere promocionarse nesta cidade conxuntamente con Santiago, xa que son as dúas urbes galegas con Patrimonio da Humanidade. Neste senso, o Alcalde revelou, coas últimas estatísticas na man, que o turismo italiano medrou na cidade un 89% nos últimos 6 meses. "Queremos seguir promocionando Lugo en Italia. É o principal lugar de procendencia do noso turismo internacional", afirmou. A posta en marcha de voos económicos con Santiago xa se está a notar no noso municipio.

Con respecto a París, a delegación lucense tivo contactos con Turespaña e, a través da oficina de turismo parisina, ofrece a Lugo unha liña de financiamento para a promoción dos hoteis con encanto do municipio en París. Tamén se está a estudar está implantación.

Visitas ó stand de Lugo
Ó longo da mañá, as autoridades municipais e os técnicos de turismo contactaron con diversos touroperadores e compañías. Tal e como estaba previsto, o stand de Lugo foi visitado pola Ministra de Agricultura e tamén polo Presidente da Xunta. O Alcalde acompañou a Emilio Pérez Touriño ó longo da súa visita a Fitur no Día de Galicia.


Outras personalidades nacionais e autonómicas tamén coñeceron Lugo invitados polo Alcalde. Para rematar a mañá, o Alcalde tivo a honra de acompañar a Elena Espinosa na recepción oficial que ofreceu no pavillón do seu Ministerio.

Segue o calendario
O sábado a Concelleira e a Xerente do PET manterán maís xuntanzas con directores das oficinas de turismo de París, Milán e Berlín co obxectivo de promover a oferta turística nestes mercados debido á entrada en funcionamento de voos directos desde Santiago de Compostela.
Tamén haberá reunións coa comisión executiva de Vilas Termais da que Lugo forma parte, aproveitando a integración da nosa cidade no Club de produto de Vilas Termais.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova