Cargando....
Concello de Lugo
26/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unhas visitas guiadas ao Museo Provincial


# Luns, 16/04/2007
Serán o 25 de abril e o 9 de maio

O Servizo de Animación Sociocultural da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará os días 25 de abril e 9 de maio unha serie de visitas guiadas ao Museo Provincial.

Esta actividade está dirixida a toda a poboación e é gratuíta. Para participar é necesario inscribirse entre o mércores e o venres nos Centros Sociais Municipais de Lamas de Prado, Fingoi e Uxío Novoneyra. O horario de inscrición será de dez a unha e de cinco a sete da tarde.

A visita que se realizará o día 25 de abril será de once a doce mentres que a de maio será de sete a oito da tarde.

Hai un límite de prazas de sete por cada un dos centros sociais indicados para cada quenda.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova