Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

El Trovador clausura o luns a Mostra de Teatro Clásico


# Domingo, 04/02/2007
A obra, a cargo de Libélula Producciones, será no Auditorio Gustavo Freire, ás oito e media da tarde

El Trovador, de García Gutiérrez, clausurará o luns, no Auditorio Gustavo Freire, o programa da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración con Caixanova. Será, como estes días atrás, ás oito e media da tarde, e estará a cargo de Libélula Producciones.

Esta mostra é unha das citas ineludibles do panorama cultural da cidade, que conta durante pouco máis dunha semana con sete representacións de grupos de reconocido prestixio a nivel nacional.

Esta obra, escrita por un descoñecido naquel momento, data de 1836. Foi creada en verso con intercalación de esceas en prosa, que responden perfectamente aos gustos da época. Trátase por tanto dunha obra romántica con todos os mecanismos necesarios: ambientación medieval, historia truculenta, acción heroica, amores apaixoados... todo isto cunha linguaxe sonora e chea de exaltación e enmarcada en supostos episodios da guerra polo trono de Aragón.

A compañía que representa esta obra comeza a súa andaina no 2004 biaxo a iniciativa de Isidro Terraza Coromina, productor e administrador da compalía. Radica no corazón de Madrid e está dedicada á produción e distribución de produtos de calidade e posúe unha gran variedade de proxectos audiovisuais.

As representacións teñen uns prezos populares, sendo de 12, 9 e 7 euros cada entrada, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. A venda de entradas realízase no propio Auditorio dende unha hora antes do comezo da obra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova