Cargando....
Concello de Lugo
02/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias publica o segundo número da revista Planeta 13


# Luns, 16/04/2007
Preto de cen persoas están inscritas nas primeiras xornadas temáticas que organiza o Concello

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, adscrito á Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, vén de publicar o número dos da revista Planeta 13, realizada por mozas e mozos do Centro Social Lamas de Prado.

Nesta revista recóllense moitos dos programas de Prevención que ten en marcha este servizo, coa que tenta chegar a toda a poboación de Lugo, e na que se inclúen diversas seccións, dende artigos de opinión a xogos. Aparecen tamén colaboracións doutros servizos municipais como as ociotecas.

A revista repartirase gratuitamente polo centros educativos do termo municipal e polos distintos centros sociais.

Esta actividade englóbase dentro do Plan Nacional de Drogas, na iniciativa Máis por tí. Dentro deste plan vén de rematar un novo ciclo de Cinensino, no que este ano escolar participaron preto de 900 alumnos de Secundaria de centros de Lugo e no que se proxectaron tres películas co seu conseguinte traballo na aula.

A oferta lúdica do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias ampliouse co comezo, esta fin de semana, do programa San Ocio, unha actividade na que o deporte entra a formar parte da actividade contra a drogadicción. Catro centros de ensino acollen todos os sábados estas actividades, que son gratuítas e abertas a todos os públicos, aínda que máis orientadas aos adolescentes.

Esta semana, concretamente o xoves e o venres, comezarán en Lugo as primeiras Xornadas lucenses de Prevención de Drogodependencias, que se celebrarán no Centro Social Uxío Novoneyra e que contan xa con preto de cen persoas inscritas.

Todos estes programas poden consultarse na web do Servizo, www.prevenciondrogas.lugo.es. A páxina continúa a aumentar o seu número de visitantes, cunha media diaria de máis de cen e mensual de 4.000. O pasado ano eran pouco máis de dous mil os que visitaban ao mes esta páxina.

Páxina do Concello de Prevención de Drogas: http://www.prevenciondrogas.lugo.es/




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova