Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O turismo atendido en Lugo aumentou no mes de xaneiro preto do 35%


# Sábado, 02/06/2007


A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, indicou hoxe que o pasado mes de xaneiro foron atendidas na Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, un total de 635 persoas, fronte ás 482 rexistradas no mesmo mes do pasado ano.

Concepción Burgo explicou que este dato representa un crecemento aproximado de entre o 30 e o 35% do turismo atendido na oficina.

A Concelleira indicou que a intención do equipo de goberno é elaborar unha liña de traballo na procura de desestacionalizar o turismo, razón pola que se está dando un forte impulso tamén á Semana Santa.

A Concelleira falou ademais de que durante todo o 2006 pasaron pola Oficina Municipal de Turismo preto de 40.000 persoas, fronte ás preto de 23.000 do 2005.

Xunto a isto, Concepción Burgo destacou o papel desenvolvido pola Casa dos Mosaicos, que tivo durante este ano preto dos 27.000 visitantes, “unha cifra increíble para un museo tan pequeno”, dixo.

Indicou tamén a necesidade de seguir co relanzamento do Museo Portamiñá, “que ten unha gran calidade na exposición e lle falta o recoñecemento do público”, dixo.

A Concelleira explicou así mesmo que a estadía en Fitur resultou moi positiva para o Concello e o departamento de Turismo. Realizáronse varias reunións con empresas especializadas para a celebración de congresos, reuniones de entidades para ofrecer os servizos da cidade na busca de asentar o turismo empresarial.

A outra gran liña de traballo foi a do turismo accesible. Presentouse na feira a Guía de Accesibilidade, “que tivo moi boa acollida e que significa un paso definitivo na procura de conseguir a igualdade dentro da discapacidade”.

A Concelleira indicou tamén que o turismo está a crecer continuamente, pero o incremento máis espectacular foi por parte do turismo italiano, que aumentou un 89%.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova