Imprimir

O CICLO DE CHARLAS MÉDICAS CONTINÚA ESTA SEMANA EN DOUS CENTROS SOCIAIS


17/4/2007

A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os centros sociais do Sagrado Corazón e o Díaz Castro.

Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.

O ciclo continúa esta semana con dúas charlas, a primeira será no Sagrado Corazón, mañá, mércores, ás oito da tarde. A segunda será no Centro Social Díaz Castro, ás seis o xoves. O calendario deseñado cubrirá ademais as seguintes zonas do municipio:

-O Burgo o 27 de abril, ás 19:30 horas;
-Ribas de Miño o 10 de maio, ás 20 horas;
-Tirimol o 11 de maio, ás 20:00 horas;
-Soñar o 25 de maio, ás 18:00 horas

As charlas percorren distintos barrios da cidade e a zona rural co fin de dar cobertura informativa a todos os lucenses sobre temas de gran interese para a población como son as enfermidades que afectan á terceira idade. Estas ponencias estan impartidas por profesionais especializados en mediciña xeriátrica e abordan temas relacionados coa saúde dos maiores dende a perspectiva da prevención (para fomentar hábitos saudables de dieta, exercicio físico e hixiene) e da enfermidade, ofrecendo información sobre as afeccións típicas como demencias ou alzheimer. Outras materias das que se informa son o uso adecuado dos medicamentos ou a saúde da muller.

As conferencias son totalmente gratuítas e están abertas á participación do público asistente co fin de ofrecer a oportunidade de plantexar as súas dúbidas e comentarios sobre estes temas aos expertos.

Dende o Concello o que se busca ao desenvolver este tipo de actividades é satisfacer unha demanda dos ciudadanos cada vez máis concienciados da necesidade de adoptar hábitos saudables e de previr enfermidades.

Cando finalicen as distintas accións formativas contempladas neste convenio de colaboración, as institucións participantes editarán unha publicación coa escolma dos contidos abordados ao longo das actividades desenvolvidas.