Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello abre un novo periodo de participación na acollida de nenos saharauis durante o verán


# Martes, 17/04/2007
Poderán solicitar a súa inscrición no Rexistro do Concello antes do 25 deste mes

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá, mércores, o prazo de inscrición para participar, por sétimo ano consecutivo, no programa Vacacións en paz.

Este programa consiste no acollemento, en familias lucenses, de nenos e nenas saharauis residentes nos campos de refuxiados de Tindouff, situados na Hamada Arxelina, durante os meses de xullo e agosto.

Os obxectivos deste programa son facilitar asistencia médica e alimentación aos menores acollidos, sensibilizar á poboación da nosa comunidade sobre a situación do pobo saharahui, perfeccionar a aprendizaxe da lingua española que estudan nos seus programas escolares, ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre e evitar a súa estadía nos campamneto durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas de todo o ano (chegan a máis de 50º).

O Concello colabora con esta iniciativa facéndose cargo dos gastos de traslado das nenas e nenos dende Tindouff ao aeroporto de Santiago de Compostela, e dende o aeroporto a Lugo, así como da viaxe de regreso. Colabora tamén nos gastos da viaxe e estadía en Galicia dos monitores que acompañan aos nenos e que serven de apoio e intérpretes entre os nenos e as familias. Finalmente, contribúe a sufragar os gastos dunha póliza de seguro colectivo que cubre a responsabilidade civil e os accidentes que poideran ocurrir durante este tempo.

Tamén colabora na selección das familias acolledoras entre todas as solicitantes e préstalles o apoio que precisen.

Pola súa banda, as familias teñen como responsabilidade a atención e coidado dos menores, os gastos de manutención, roupa e necesidades básicas durante o tempo que estén coa familia.

Poden optar a participar neste programa todas as familias de Lugo interesadas en formar parte desta iniciativa solidaria. Poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral de entrada do Concello até o mércores día 25. Poden opter información sobre esta cuestión en calquera dos cinco centros sociais do Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova