Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista virtual Foeminas publica o número 16


# Martes, 17/04/2007
Os lectores xa a poden ler na web municipal

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais analiza nun artigo a andaina desta publicación do seu departamento

A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es. Esta publicación virtual, que cumpriu o seu primeiro aniversario o pasado mes de decembro, chega ao número dezaseis da súa andaina.

Este número ten un carácter moi especial, pois está dedicado á conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e convida nos seus artigos á reflexión e ó debate sobre a realidade social da muller.

O sumario deste decimosexto número aborda os seguintes temas:

- No apartado de Historia de Mulleres publica a primeira parte da vida da escritora Emilia Pardo Bazán.

- Na Galería de Arte trata a obra de Diana Dowek, unha grande artista que ilustrou a crueldade da ditadura en Arxentina.

- Na Portada publica dúas entrevistas a mulleres representativas, unha aborda o traballo das mariscadoras galegas e outra ofrece un retrato dunha muller emprendedora. Tamén está presente en Portada unha reflexión sobre a Lei de Igualdade, aprobada polo Congreso, que leva por título Mano a mano hemos quedado. Neste tema afonda na carta de Rafaela Pastor Martínez, Presidenta de la Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres na sección Opinionas.

- Tamén inclúe o documento Viaxeras que achega ao lector o carnaval de Oruru en Bolivia.

- Neste número a Concelleira Carmen Basadre ofrece unha valoración da andaina desta publicación dixital e Luz Darriba publica un artigo sobre os catro anos da contenda bélica que se está a librar en Iraq, titulada “Iraq era un país. Las mujeres y la guerra”.

- A sección Contemporánearroba presenta a obra da artista Marilar Aleixandre e no apartado Mullerciclopedia, Jose Lemur presenta unha crítica do disco de Charlotte Gainsbourg.

- Para pechar esta nova entrega mensual, en MullerRecetario Nita ensina a cociñar ameixas á mariñeira.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova