Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e Caixanova traen a Lugo o ballet de Carmen Roche coa producción La Cenicienta


# Xoves, 08/02/2007
Será no Auditorio Gustavo Freire, o venres ás oito da tarde

A colaboración cultural entre o Concello e Caixanova ofrecerá este venres unha nova actividade, a producción La Cenicienta, a cargo do ballet de Carmen Roche.

Esta magnífica producción musical, aberta a públicos de todas as idades, representarase no marco do Auditorio Gustavo Freire, ás oito da tarde.

Carmen Roche dirixe esta producción, con guión e adaptación de Olga Margallo, que conta coa coreografía de Tony Fabre e música de Prokofiev. Presenta unha Cincenta soñadora, alegre e divertida, capaz de cambiar a súa sorte. A obra está chea de orixinalidades que dota ao espectáculo de fescura e bo humor.

No reparto destacan Alexandra Rusciano no papel de Cincenta, Samuel Deniz como Príncipe, Berta Secall no papel de madrastra e Liuva Horta e Ana Ponce como as irmás. Por outra banda, Joan Sol será o Mago e Ron Peri o mestre de danza.

Entre as bailarinas pódense citar a Far Alonso, Blanca Álvarez, Ana Baigorri, Daniel Fajardo, Urania Lobo, Vanesa dos Santos e Matthias Strahm.

A posta en escea, de estética limpa e elegante, apóiase con videoproxeccións onde os nenos son os principais encargados de conducir ao público a través deste clásico do conto de Perrault.

A venda de entradas segue o proceso habitual. Pódense mercar de xeito anticipado na taquilla telefónica de Caixanova, no número 902 504 500. O mesmo día da actuación as entradas venderanse no propio Auditorio dende unha hora antes do comezo do espectáculo.

Os prezos serán de 15, 12 e 9 euros, dependendo da zona do Auditorio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova