Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Convocada a terceira edición do concurso de ferretes do Entroido


# Martes, 16/01/2007
Remata o luns o prazo para presentarse ao primeiro certame para elexir o cartel das festas

A Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa asociación Pepe Barreiro, vén de convocar o terceiro premio de ferretes do Entroido 2007, que se celebra con motivo do Enterro da Sardiña, que terá lugar o 21 de febreiro.

O ferrete é unha forma de chamar irónicamente ás coplas que se recitan diante do Concelo, ao finalizar o enterro. Van representados en estrofas en verso e o contido das mesmas debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto e da elegancia e a corrección.

Por tercer ano consecutivo, estas pequenas coplas satíricas poderán presentarse a concurso en galego e castelán cun estribillo composto por unha estrofa de catro versos heptasílabos e os propios ferretes de entre catro e seis.

Os participantes deberán presentar o seu texto, baixo pseudónimo, antes do 15 de febreiro, nun sobre dirixio á asociación Pepe Barreiro no Servizo de Cultura do Concello de Lugo.

Nesta ocasión, e segundo a tradición, repartiranse un total de 500 euros en premios. Corresponderán 150 ao mellor estribillo, 100 ao primeiro premio en ferretes, 50 ao segundo, 30 ao terceiro e ademais repartiranse 17 de 10 euros cada un.

Por outra banda, continúa aberto o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.

Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido.

Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión. Por isto, a Concellería de Cultura ponno en marcha coa esixencia de que os carteis sexan orixinais e inéditos.

O prazo de presentación de carteis rematará o 22 de xaneiro do 2007, ás 14:30 horas. Todos os participantes entregarán a súa obra na Concellería de Cultura e Turismo, na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.

As bases dos concursos poden consultarse en http://entroido.lugo.es/




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova