Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Abre a inscrición para o obradoiro de tai-chi do Uxío Novoneyra


# Venres, 20/04/2007
Podéra facerse até o día 26 e é gratuíta

O Concello de Lugo celebrará o día 28 de abril unha charla e obradoiro práctico co título “O Tai Chi Chuan, a respiración e os seus beneficios”. Esta actividade englóbase dentro do programa de animación sociocultural dos Centros Sociais e é gratuíta e aberta a toda a poboación.

Tanto a charla como o obradoiro práctico serán impartidos por José A. Parada González, mestre nacional de Wu Shu, Kung Fu e Tai Chi Chuan; diplomado en Bioenerxética, Acupuntura e Moxibustión polo CEMETC; Director do Departamento de Tai Chi da Federación Galega de Kung Fu e Presidente da Asociación Galega de Tai Chi Chuan, Qi Gong, Artes Marciais e Mediciña Tradicional Chinas.

O prazo de inscrición para participar neste obradoiro abrirase o luns e pechará o xoves. Poderá facerse entre as dez e a unha e as cinco e as sete no mesmo centro social. A inscrición, cun máximo de 25 persoas, será por rigorosa orde de entrada.

A actividade comezará coa charla ás dez da mañá e se prolongará até as once, momento no que dará comezo o obradoiro. A charla non necesitará a inscrición previa que se precisa para o obradoiro e estará aberta a todos os que o desexen.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova