Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xoves, último día para presentarse ao concurso de ferretes do Entroido


# Luns, 12/02/2007
Está organizado pola Concellería de Cultura con motivo do Entroido

A Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa asociación Pepe Barreiro, vén de convocar o terceiro premio de ferretes do Entroido 2007, que se celebra con motivo do Enterro da Sardiña, que terá lugar o 21 de febreiro.

O ferrete é unha forma de chamar irónicamente ás coplas que se recitan diante do Concello, ao finalizar o enterro. Van representados en estrofas en verso e o contido das mesmas debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto e da elegancia e a corrección.

Por tercer ano consecutivo, estas pequenas coplas satíricas poderán presentarse a concurso en galego e castelán cun estribillo composto por unha estrofa de catro versos heptasílabos e os propios ferretes de entre catro e seis.

Os participantes deberán presentar o seu texto, baixo pseudónimo, antes do 15 de febreiro, nun sobre dirixido á asociación Pepe Barreiro no Servizo de Cultura do Concello de Lugo.

Nesta ocasión, e segundo a tradición, repartiranse un total de 500 euros en premios. Corresponderán 150 ao mellor estribillo, 100 ao primeiro premio en ferretes, 50 ao segundo, 30 ao terceiro e ademais repartiranse 17 de 10 euros cada un.

As bases a convocatoria poden consultarse na portada da páxina web municipal, www.lugo.es.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova