Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un curso de baile a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias


# Luns, 14/05/2007
O prazo de inscrición, cun límite de 20 parellas, estará aberto até o día 29 deste mes

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará nos meses de xuño e xullo un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.

O curso celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once. A academia de baile Star Dance encargase das clases e porá o local para o curso, na Rúanova, 66, baixo. O día 21 de xullo levarase a cabo a clausura do curso cunha exhibición e a entrega de premios.

As clases estarán a cargo de profesionais recoñecidos pola Federación Nacional e entregarase un diploma de asistencia de 45 horas. Incluiranse dentro do programa do curso samba, cha cha cha, pasodobre, rumba, bolero, jive, merengue, salsa e bachata.

O prazo de inscrición está aberto até o día 29 deste mes e haberá un máximo de 20 parellas con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Servizo de Prevención das Drogodependencias entre as nove a a unha e media da mañá.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova