Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Congreso Galego sobre o Alzheimer e outras Demencias conclúe con enorme éxito entre asistentes e poñentes


# Luns, 14/05/2007
Xa se fala da organización dunha vindeira edición para o ano 2008

O intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes e os congresistas desta primeira xuntanza galega arredor do Alzheimer e outras Demencias, foi constante ao longo dos tres días de reunión. Xa se fala entre os organizadores da edición do vindeiro ano, algo demandado por gran parte dos asistentes.

A terceira e derradeira xornada adicada ao tratamento da enfermidade do Alzheimer así como doutras enfermidades dementes, permite falar xa dun enorme éxito, non tanto polo número de participantes e poñentes, senón e sobre todo polo continuo intercambio de ideas e experiencias que entre estes se deron.

A mañá desta terceira xornada iniciouse cunha serie de comunicacións sociais e científicas moderadas respectivamente por Carmen Gutiérrez e Helena Zapico, da USC, e Fernando Veiga, xefe do Servicio de Xeriatría do Xeral Calde,e Fernando Lino, da USC.

Tralas ponencias, seguiu a mesa redonda titulada “As novas tecnoloxías e últimos avances ó servizo do tratamento non farmacolóxico do Alzheimer”, moderado por Xesús Rodríguez (USC) e protagonizado por Elena Fernández, directora da Fundación Alzheimer Catalunya, Josep Vila, psicólogo clínico, e Yolanda Bueno, do Programa Gradior de Valladolid.

Presentado por Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, iniciouse a continuación o relatorio “A Protección Xurídica do maior e das persoas discapacitadas”, impartido por Juan Aguirre, Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tras eles, o seminario “O Alzheimer no rural e no urbano: presente e futuro”, presentado por Xosé Manuel Cid, da facultade de Ciencias da Educación de Ourense, e relatado por Carlos Canes, director da empresa Zotikos.

Pola tarde, tivo lugar a última das mesas redondas: “O Alzheimer na casa. Experiencias e vivencias dos familiares: necesidades e propostas. O papel das Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer”, moderada por Milagros Prieto, presidenta de FAGAL e introducida por Reyes González, secretaria de AFALU.

Acto de Clausura das I Xornadas sobre Alzheimer e outras Demencias

A clausura deste primeiro congreso adicado a este tipo de enfermidades en Galicia, tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos dende as 18:00 horas.

Introduciu o acto de clausura Carmen Pena Ledo, Presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo (AFALU). Interviron ademais Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Branca Rodríguez Pazos, Delegada en Lugo da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar; Miguel Ángel Rodríguez Lois, Delegado en Lugo da Consellería de Sanidade; Fe Rocha, Diputada Provincial pola Deputación Provincial de Lugo; Celia Besteiro, Vicerreitora Adxunta de Infraestruturas e Servizos do Campus de Lugo; e Juan José Castro, de Caixa Galicia .



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova