Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio acolle o vindeiro luns a I Mostra de Coreografías Premiadas


# Venres, 09/02/2007
O Concello aposta pola danza para ampliar a súa programación cultural.

A cidade acollerá varios espectáculos de ballet nas vindeiras semanas.

O Auditorio Gustavo Freire acolle a I Mostra de Coreografías Premiadas que terá lugar o luns, día 12, ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire. O espectáculo de ballet está organizado en colaboración polo IGAEM, a Asociación Galega de Profesionais da Danza, e a Concellería de Cultura e Turismo.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, explicou o pasado martes que o Concello ten intención de ampliar a súa programación cultural para cubrir as distintas manifestacións artísticas aínda non contempladas nos programas, como era o caso da danza.

Esta mostra recolle unha escolma de catro coreografías galardonadas nos principais certames de España e supoñen un recoñecemento aos novos creadores que apostan pola vangarda e a innovación na danza.

A primeira delas é a obra Delicias de la civilización dirixida por Leire Ituarte e que recibiu o terceiro premio no Certame Coreográfico de Maspalomas.

A segunda, La Chaconera de Selene Muñoz, foi galardoada á Mellor imaxe escénica no Certame de Danza Española de Madrid e participou nos Festivais Flamencos de Nova York e Londres.

A terceira obra é a titulada En la cuenca de tus ojos dos coreógrafos Armando Martén Caballero, Ana Beatriz Pérez Enríquez, Kirenia Martínez Acosta e Alexis Fernández Ferrera. Estes catro profesionais recibiron os primeiros premios no V Certame Internacional de Coreografía de Burgos & New York e no IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia en 2006.

A última seleccionada para pechar esta mostra é o espectáculo titulado Osario deseñado por Valeria Alonso. Esta obra foi recoñecida co primeiro premio no XX Certame Coreográfico de Madrid.

As entradas poderán adquirirse dende o mércores na Oficina de Turismo da praza da Constitución en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 19 horas pola tarde. O luns poderán mercarse na taquilla do auditorio dende unha hora antes do comezo do espectáculo. As entradas teñen o prezo de 3 euros e non serán numeradas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova